top of page

BIO

Xan Estudio cadrada.jpg

Xan Campos (Cangas, 1987) formouse como pianista e compositor en conservatorios de Galiza, País Vasco, Berlín, Amsterdam e Copenhague, unha etapa que lle permitiu estar en contacto coa vangarda do jazz europeo percorrendo salas e festivais de grande parte do continente.


Neste momento, Xan Campos é un dos pianistas máis activos da Península Ibérica, tanto á fronte dos seus proxectos como no papel de sideman de destacados artistas da escena do jazz de España e Portugal. Con pouco máis de 30 anos conta cunha traxectoria especialmente extensa, tendo gravado 5 discos ao seu nome e máis de 20 acompañando a grandes figuras deste xénero musical.


Tamén goza de relevancia en Latinoamérica, onde ten tocado en festivais de Arxentina, Uruguai, Chile, Ecuador ou Colombia, actuando tamén en varias salas de Nova York (EEUU).

bottom of page