Esta semana o Xan Campos Trio estrenouse na cidade do jazz por antonomasia, New York, cun par de concertos no Somethin’ Jazz Club e no Shrine. Nesta ocasión Horacio García e Iago Fernández non puideron estar no escenario así que Xan Campos estivo acompañado por outros dous fantásticos músicos, o estadounidense Ross Gallagher no contrabaixo e o xaponés Goh Izawa na batería.
Ogallá que esta experiencia se repita pronto! Onde si poderedes ver ao Trio nos próximos meses é percorrendo a xeografía galega. Podedes consultar as datas aquí.
- - - - - - - - - - - - - - - - -
This last week Xan Campos Trio performed for the first time in New York, the city of jazz par excellence, doing a couple of concerts at the Somethin’ Jazz Club and at the Shrine. This time, Horacio García and Iago Fernández couldn’t be on the stage, but Xan Campos was accompanied by two other fantastic musicians, the North American Ross Gallagher on double bass and the japanese Goh Izawa on drums.
Let’s hope this experience be repited soon! During the next months you will be able to see the Trio touring in Galicia. You can look up all the dates here.
O portal dixital Distritojazz, seleccionou a Orixe cero como un dos mellores discos do 2011. Hai uns meses xa nos brindaba unha crítica moi positiva na que falaba dun “gran disco que merece un amplo recoñecemento e que posiblemente estará en todas as quinielas que sobre o jazz español se fagan este ano”.
Moitas grazas por esta boa acollida!
Podedes ver o artigo completo e a lista dos mellores discos no seguinte enlace:
O pianista cangués Xan Campos é un dos principais referentes da xeración de músicos saídos do SPJ Pontevedra. Co novo álbum deTrio, Orixe Cero, cruza as fronteiras, acadando levar a súa música fóra de Galicia. De feito, para esta entrevista atendéunos nun “standby” da súa xira polos Países Baixos.
O próximo sábado 5 de novembro Xan Campos Trio presentará en concerto o seu novo disco Orixe Cero, no Centro de Arte Contemporánea de Galicia (CGAC), en Santiago de Compostela.
O concerto comezará ás 22.30 horas e a entrada será libre. Unha vez rematado o concerto o público poderá decidir libremente se quere pagar e canto polo espectáculo que acaba de ver.
Para quen queira coñecer algo máis sobre este traballo ou non poida asistir ao concerto, Xan Campos Trio tamén estará o venres 4, na libraría Couceiro, ás 13.00 horas, nunha pequena rolda de presentación, na que Xan Campos, Iago Fernández e Horacio García conversarán sobre a súa Orixe Cero.
A nova formación do pianista debuta cun disco marcado pola mestura de influencias
Xan Campos, Pianista de jazz, líder del Xan Campos Trío
Imaxina Sons ofrecerá hoy una nueva cita con el jazz. En esta sesión destaca la presencia gallega con el trío liderado por el cangués Xan Campos e integrado por Iago Fernández y Horacio García.
Xan Campos Trio renueva la savia gallega del jazz en su disco “Orixe cero”
A través desta páxina teredes acceso a toda a información, últimas novas, datas de concertos, e por suposto, un montón de música, vídeos, fotos… Estade atentos que pronto haberá novidades.
Grazas por visitar xancampos.com!!